domingo, 20 de mayo de 2012

Paquito el rojo

Agora vou falar dese gran home que fixo de Galicia unha nazon, si, vou falar de Franco,
Francisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco y Bahamonde Salgado Pardo, naceu en Ferrol con máis nomes ca un infante, o feito produciuse un bo día de tormenta aquí alado na rua María, e como se puido ver o parto foi un desastre,  o neno saíu cabezón e non había maneira, non iba nin pra diante nin para atras pero ao final saíu, e conta a lenda que mandou fusilar ó médico que lle deu a cachetada. Fillo dun intendente da armada, máis coñecido por ser puteiro que polos seus logros militares, e dunha católica reprimida, foron 5 irmáns compre destacar a figura de Ramón Franco, repúblicano pero que polos lazos familiares pasouse ao bando nacional.
Despois desta infancia e vida o neno creceu e meteuse a facha, vai ser verdade que os nenos necesitan estabilidade.
Franco, emperador das Españas, é dicir, dun cacho da peninsula e dun cacho de Marrocos.



















Compre recalcar que era un home inculto e pouco intelixente, poderiamos decir que era pillo pero pouco máis, ademais Franco era monóquido, faltaballe un ovo, vamos que se ten que desmontar a expresion esta de con dous collóns que tanto usan os seus adeptos.
Aqui deixo un link dun dialogo boísimo  e que a min polo menos fíxome reir un bo rato, por certo hai bastantes datos certos como a vida misma.
Franco resucitado

sábado, 19 de mayo de 2012

O Partido Galeguista

O tempo foi dandolles a razón aos nacionalistas que desconfiaron sempre do autonomismo de Casares Quiroga. A constitución do Partido Galeguista en decembro de 1931 era algo agardado polos nacionalistas e galeguistas.
Formouse o partido pola integración dos pequenos partidos que apareceran para as primeiras eleccions de deputados: o Partido Nazonalista Republicano de Ourense, o Partido Galeguista de Pontevedra, Organizacion Republicana Galega de Buenos Aires, Federación de Sociedades Agrarias e Culturais Galegas da República Arxentina, e pola integracion tamen de moitas Irmandades da Fala e grupos autonomistas, ata un total de 32 grupos que encadraban 700 afiliados.
Nace o partido cun programa que se pode resumir así:
  • Autodeterminacion de Galicia, dentro da forma de goberno republicana.
  • Fomento da democracia, representacion proporcional con circunscricions electorais grandes.
  • Igualdade de dereitos políticos para a muller.
  • Federalismo internacional e antimperialismo.
  • Supresión das deputacions provinciais, autonomia municipal e recoñecemento administativo para a  parroquia.
  • Reforma Tributaria e concertacion economica co Estado.
  • Cooficialidade do galego e castelan, restauracion do dereito foral e creacion dun tribunal superior de xustiza en Galicia.
  • Reforma agraria, con extincion forzosa do foro, mellora do rexime de arrendamentos, fomento de cooperativismo e mellora da producion e comercializacion dos produtos agrarios e da pesca.
  • Recoñecemento dos dereitos sindicais, prohibicion de traballar aos menores de 16 anos, seguridade social integral.
Un programa progresiste e alternativo pero que non ten unhas medidas radicais de esquerdas.
É máis ben un partido de centro que aglutina a persoaxes de varias ideoloxias:
Conservadores: Risco ou Otero Pedrayo.
Liberais: Placido Castro.
Esquerdistas: Castelao ou Alexandre Boveda.
Apartidistas: Cunqueiro ou Lopez Cuevillas.
Castelao foi un dos políticos máis representativos do partido.
Pedrayo representa o sector máis conservador do partido.

Os Maquis

Trala guerra e victoria de Franco multitude de homes e mulleres tiveron que sair o exilia, so uns poucos quedaron agochados no país, especialmente no monte e nas zonas máis inaccesibles. O último deles foi o Piloto, chegou a ser famosisimo no sur de lugo e en Ourense, estivo afiliado ao partido comunista e botouse ao monte cando despois dun indulto saiu de prisión. A sua historia deixoa neste enlace: Piloto
E aqui un par de videos documentais sobre a actividade dos maquis na zona de  Galicia e León.
E tamén un enlace para que se vexa como se mantivo Galicia no franquismo segundo os propios franquistas.
Galicia.

jueves, 17 de mayo de 2012

Levantadevos!

Cando comezamos o século XX viamos un mundo negro de caciquismo e opresión, os nosos bisavos e incluso alguns avos viviron na Idade Media e non no lo contaron. Pero eles, foron eles  e non os políticos e empresarios os que saíron diso. Dixeron que non a ese mundo e loitaron por conseguir algo mellor , eles lles debemos o periodo de liberdade máis importante e real deste país, dame asco e pena ver que nos ou parte de nos no loitamos nin por manter o que a eles lles costou sangue, dor, magoas e ata a vida a moitos nin por melloralo, de verdad creedes que a herdanza destes homes caeu ao chan? Doeme moito ver que iso parece. Renacede agora que estades a tempo, levantadevos e dicide que non!, iso é o que move o mundo e quizais asi poderiamos celebrar a victoria que a historia lles robou aos nosos ancestros.
Como eu non son historiador , opino pero non sei realmente a historia nin a fago e deixo aquí un video sobre a II República, o triunfo asasinado dos nosos bisavos.
Por favor mirade as caras da xente, non se ve a satisfacción da loita?. Agora cando saiades a rua mirade a cara da xente, non hay nada.
PD: De vez en cando penso coma un amigo meu, que nunha ocasión dixo:
-Habia que deixar unha seman a xente sen comer , así abrian os ollos.

miércoles, 16 de mayo de 2012

Santiago Álvarez, un histórico.

Este histórico comunista español naceu na zona de Valdeorras, fillo de campesiños aprendeu o oficio dende pequeno, ademais como era normal na época so realizou estudios primarios. Durante a sua adolescencia comezaron a xerminar as ideas do comunismo na sua cabeza e máis tarde se afiliou ó PCE xa na II República e foi detido no bienio negro pola Revolución de Outubro, pero trala victoria do Frente Popular obtivo un posto de concelleiro no concello de Villamartin. O alzamento militar colleuno en Madrid e xunto con Castelao organizou as milicias popular galegas, participou en varias batallas e na defensa de Madrid, finalmente tivo que marchar cara a Francia para máis tarde irse a República Dominicana e finalizar o seu traxecto en Cuba, alí se casou e viviu un tempo.
No 44 volve a España e é detido e condeado a 20 anos de cárcere pero finalmente é indultado e volta a Cuba, a partir de ali fará varias entradas en Galicia e España ata a sua volta definitiva no 76 e volveu ao cárcere.
No exilio se celebra en Paris un congreso do PCE e ali se fai a federación galega do partido, o PCG do que el sería ata o ano 79 secretario xeral.
Buscando información atopei este articulo no país que aqui o deixo: Santiago Alvarez.

Hasta la victoria siempre!

domingo, 22 de abril de 2012

Desmantelamento do absolutismo en Galicia

As prolongadas crises na saúde do rei obrigaron a raiña a ter unha presenza moi activa na vida política, poderiamos decir que a raiña mais ben se rodeu de reformistas.
Os liberais mais perspicaces entenderon que era necesarioo apoiar a raiña ampliando a fenda xa aberta dentro do absolutismo. Iso propiciou a amnistia que Maria Cristina concedeu aos exiliados do exterior e interior por decreto do 16 de outubro de 1832.
A amnistia colleunos a todos por sorpresa. Abondou co decreto para que desapareceran as conspiracions exteriores e os proxectos que habia de pronunciamentos e alzamentos. Era preciso avanzar e Maria Cristina, relaticamente ben aconsellada, depurou o exercito, especialmente cesando e substituindo os capitans xerais: cesa o donde de España (Cataluña), que foi subsituido por Llauder, cesa a Eguia (Galicia), subsitituído polo Conde de Cartaxena, Pablo Morillo; en Estremadura, Vives remprazou a José San Juan etc.
Antes, por conseguinte, de morrer Fernando VII, María Cristina e o grupo dos seus conselleiros desmantelaron o carlismo nos despachos. Cumpría agora desmantelalo na sociedade.

Tras a fracasada rexencia de Maria Cristina toma o poder o gran vencedor da guerra carlista, o xenaral Espartero.

domingo, 18 de marzo de 2012

Progreso dos astilleiros ferronlans

Os históricos astilleiros de Ferrol construironse xunto cos de Cartaxena e San Fernando arredor do 1730, e estaban destinados a reparar e construir buques da armada. Construironse en tales emplazamentos pola reorganización dos Borbóns da mariña de guerra. A política naval de Felipe V ainda estaba destinada ao Mediterraneo e volcada a aumentar as posesións en Italia. Nun principio a maior parte de buques construianse no Cantabrico ( Pasaxes e Santander) e na Habana, a partir de 1746 o Marques da Ensenada deciciu construir unha flota que puidera competir coa inglesa e a sua construcción estivo especialmente destinada a  Ferrol.
A maior época de producción do astilleiro foi con Carlos III pero foron navios pequenos e sen gran importancia, a verdadeira idade de ouro dos astilleiros foi co Marques da Ensenada que se construiron barcos dunha grandísima envergadura. Tras a derrota de Trafalgar pasou o mesmo que agora, a producción se paralizou, o paro, a miseria e a despoboación inundaron Ferrol, a reactivación non se produciou ata a epoca de Isabel II no 1850.