Formouse o partido pola integración dos pequenos partidos que apareceran para as primeiras eleccions de deputados: o Partido Nazonalista Republicano de Ourense, o Partido Galeguista de Pontevedra, Organizacion Republicana Galega de Buenos Aires, Federación de Sociedades Agrarias e Culturais Galegas da República Arxentina, e pola integracion tamen de moitas Irmandades da Fala e grupos autonomistas, ata un total de 32 grupos que encadraban 700 afiliados.
Nace o partido cun programa que se pode resumir así:
- Autodeterminacion de Galicia, dentro da forma de goberno republicana.
- Fomento da democracia, representacion proporcional con circunscricions electorais grandes.
- Igualdade de dereitos políticos para a muller.
- Federalismo internacional e antimperialismo.
- Supresión das deputacions provinciais, autonomia municipal e recoñecemento administativo para a parroquia.
- Reforma Tributaria e concertacion economica co Estado.
- Cooficialidade do galego e castelan, restauracion do dereito foral e creacion dun tribunal superior de xustiza en Galicia.
- Reforma agraria, con extincion forzosa do foro, mellora do rexime de arrendamentos, fomento de cooperativismo e mellora da producion e comercializacion dos produtos agrarios e da pesca.
- Recoñecemento dos dereitos sindicais, prohibicion de traballar aos menores de 16 anos, seguridade social integral.
É máis ben un partido de centro que aglutina a persoaxes de varias ideoloxias:
Conservadores: Risco ou Otero Pedrayo.
Liberais: Placido Castro.
Esquerdistas: Castelao ou Alexandre Boveda.
Apartidistas: Cunqueiro ou Lopez Cuevillas.
![]() | |
Castelao foi un dos políticos máis representativos do partido. |
Pedrayo representa o sector máis conservador do partido. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario