domingo, 20 de mayo de 2012

Paquito el rojo

Agora vou falar dese gran home que fixo de Galicia unha nazon, si, vou falar de Franco,
Francisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco y Bahamonde Salgado Pardo, naceu en Ferrol con máis nomes ca un infante, o feito produciuse un bo día de tormenta aquí alado na rua María, e como se puido ver o parto foi un desastre,  o neno saíu cabezón e non había maneira, non iba nin pra diante nin para atras pero ao final saíu, e conta a lenda que mandou fusilar ó médico que lle deu a cachetada. Fillo dun intendente da armada, máis coñecido por ser puteiro que polos seus logros militares, e dunha católica reprimida, foron 5 irmáns compre destacar a figura de Ramón Franco, repúblicano pero que polos lazos familiares pasouse ao bando nacional.
Despois desta infancia e vida o neno creceu e meteuse a facha, vai ser verdade que os nenos necesitan estabilidade.
Franco, emperador das Españas, é dicir, dun cacho da peninsula e dun cacho de Marrocos.



















Compre recalcar que era un home inculto e pouco intelixente, poderiamos decir que era pillo pero pouco máis, ademais Franco era monóquido, faltaballe un ovo, vamos que se ten que desmontar a expresion esta de con dous collóns que tanto usan os seus adeptos.
Aqui deixo un link dun dialogo boísimo  e que a min polo menos fíxome reir un bo rato, por certo hai bastantes datos certos como a vida misma.
Franco resucitado

sábado, 19 de mayo de 2012

O Partido Galeguista

O tempo foi dandolles a razón aos nacionalistas que desconfiaron sempre do autonomismo de Casares Quiroga. A constitución do Partido Galeguista en decembro de 1931 era algo agardado polos nacionalistas e galeguistas.
Formouse o partido pola integración dos pequenos partidos que apareceran para as primeiras eleccions de deputados: o Partido Nazonalista Republicano de Ourense, o Partido Galeguista de Pontevedra, Organizacion Republicana Galega de Buenos Aires, Federación de Sociedades Agrarias e Culturais Galegas da República Arxentina, e pola integracion tamen de moitas Irmandades da Fala e grupos autonomistas, ata un total de 32 grupos que encadraban 700 afiliados.
Nace o partido cun programa que se pode resumir así:
  • Autodeterminacion de Galicia, dentro da forma de goberno republicana.
  • Fomento da democracia, representacion proporcional con circunscricions electorais grandes.
  • Igualdade de dereitos políticos para a muller.
  • Federalismo internacional e antimperialismo.
  • Supresión das deputacions provinciais, autonomia municipal e recoñecemento administativo para a  parroquia.
  • Reforma Tributaria e concertacion economica co Estado.
  • Cooficialidade do galego e castelan, restauracion do dereito foral e creacion dun tribunal superior de xustiza en Galicia.
  • Reforma agraria, con extincion forzosa do foro, mellora do rexime de arrendamentos, fomento de cooperativismo e mellora da producion e comercializacion dos produtos agrarios e da pesca.
  • Recoñecemento dos dereitos sindicais, prohibicion de traballar aos menores de 16 anos, seguridade social integral.
Un programa progresiste e alternativo pero que non ten unhas medidas radicais de esquerdas.
É máis ben un partido de centro que aglutina a persoaxes de varias ideoloxias:
Conservadores: Risco ou Otero Pedrayo.
Liberais: Placido Castro.
Esquerdistas: Castelao ou Alexandre Boveda.
Apartidistas: Cunqueiro ou Lopez Cuevillas.
Castelao foi un dos políticos máis representativos do partido.
Pedrayo representa o sector máis conservador do partido.

Os Maquis

Trala guerra e victoria de Franco multitude de homes e mulleres tiveron que sair o exilia, so uns poucos quedaron agochados no país, especialmente no monte e nas zonas máis inaccesibles. O último deles foi o Piloto, chegou a ser famosisimo no sur de lugo e en Ourense, estivo afiliado ao partido comunista e botouse ao monte cando despois dun indulto saiu de prisión. A sua historia deixoa neste enlace: Piloto
E aqui un par de videos documentais sobre a actividade dos maquis na zona de  Galicia e León.
E tamén un enlace para que se vexa como se mantivo Galicia no franquismo segundo os propios franquistas.
Galicia.

jueves, 17 de mayo de 2012

Levantadevos!

Cando comezamos o século XX viamos un mundo negro de caciquismo e opresión, os nosos bisavos e incluso alguns avos viviron na Idade Media e non no lo contaron. Pero eles, foron eles  e non os políticos e empresarios os que saíron diso. Dixeron que non a ese mundo e loitaron por conseguir algo mellor , eles lles debemos o periodo de liberdade máis importante e real deste país, dame asco e pena ver que nos ou parte de nos no loitamos nin por manter o que a eles lles costou sangue, dor, magoas e ata a vida a moitos nin por melloralo, de verdad creedes que a herdanza destes homes caeu ao chan? Doeme moito ver que iso parece. Renacede agora que estades a tempo, levantadevos e dicide que non!, iso é o que move o mundo e quizais asi poderiamos celebrar a victoria que a historia lles robou aos nosos ancestros.
Como eu non son historiador , opino pero non sei realmente a historia nin a fago e deixo aquí un video sobre a II República, o triunfo asasinado dos nosos bisavos.
Por favor mirade as caras da xente, non se ve a satisfacción da loita?. Agora cando saiades a rua mirade a cara da xente, non hay nada.
PD: De vez en cando penso coma un amigo meu, que nunha ocasión dixo:
-Habia que deixar unha seman a xente sen comer , así abrian os ollos.

miércoles, 16 de mayo de 2012

Santiago Álvarez, un histórico.

Este histórico comunista español naceu na zona de Valdeorras, fillo de campesiños aprendeu o oficio dende pequeno, ademais como era normal na época so realizou estudios primarios. Durante a sua adolescencia comezaron a xerminar as ideas do comunismo na sua cabeza e máis tarde se afiliou ó PCE xa na II República e foi detido no bienio negro pola Revolución de Outubro, pero trala victoria do Frente Popular obtivo un posto de concelleiro no concello de Villamartin. O alzamento militar colleuno en Madrid e xunto con Castelao organizou as milicias popular galegas, participou en varias batallas e na defensa de Madrid, finalmente tivo que marchar cara a Francia para máis tarde irse a República Dominicana e finalizar o seu traxecto en Cuba, alí se casou e viviu un tempo.
No 44 volve a España e é detido e condeado a 20 anos de cárcere pero finalmente é indultado e volta a Cuba, a partir de ali fará varias entradas en Galicia e España ata a sua volta definitiva no 76 e volveu ao cárcere.
No exilio se celebra en Paris un congreso do PCE e ali se fai a federación galega do partido, o PCG do que el sería ata o ano 79 secretario xeral.
Buscando información atopei este articulo no país que aqui o deixo: Santiago Alvarez.

Hasta la victoria siempre!

domingo, 22 de abril de 2012

Desmantelamento do absolutismo en Galicia

As prolongadas crises na saúde do rei obrigaron a raiña a ter unha presenza moi activa na vida política, poderiamos decir que a raiña mais ben se rodeu de reformistas.
Os liberais mais perspicaces entenderon que era necesarioo apoiar a raiña ampliando a fenda xa aberta dentro do absolutismo. Iso propiciou a amnistia que Maria Cristina concedeu aos exiliados do exterior e interior por decreto do 16 de outubro de 1832.
A amnistia colleunos a todos por sorpresa. Abondou co decreto para que desapareceran as conspiracions exteriores e os proxectos que habia de pronunciamentos e alzamentos. Era preciso avanzar e Maria Cristina, relaticamente ben aconsellada, depurou o exercito, especialmente cesando e substituindo os capitans xerais: cesa o donde de España (Cataluña), que foi subsituido por Llauder, cesa a Eguia (Galicia), subsitituído polo Conde de Cartaxena, Pablo Morillo; en Estremadura, Vives remprazou a José San Juan etc.
Antes, por conseguinte, de morrer Fernando VII, María Cristina e o grupo dos seus conselleiros desmantelaron o carlismo nos despachos. Cumpría agora desmantelalo na sociedade.

Tras a fracasada rexencia de Maria Cristina toma o poder o gran vencedor da guerra carlista, o xenaral Espartero.

domingo, 18 de marzo de 2012

Progreso dos astilleiros ferronlans

Os históricos astilleiros de Ferrol construironse xunto cos de Cartaxena e San Fernando arredor do 1730, e estaban destinados a reparar e construir buques da armada. Construironse en tales emplazamentos pola reorganización dos Borbóns da mariña de guerra. A política naval de Felipe V ainda estaba destinada ao Mediterraneo e volcada a aumentar as posesións en Italia. Nun principio a maior parte de buques construianse no Cantabrico ( Pasaxes e Santander) e na Habana, a partir de 1746 o Marques da Ensenada deciciu construir unha flota que puidera competir coa inglesa e a sua construcción estivo especialmente destinada a  Ferrol.
A maior época de producción do astilleiro foi con Carlos III pero foron navios pequenos e sen gran importancia, a verdadeira idade de ouro dos astilleiros foi co Marques da Ensenada que se construiron barcos dunha grandísima envergadura. Tras a derrota de Trafalgar pasou o mesmo que agora, a producción se paralizou, o paro, a miseria e a despoboación inundaron Ferrol, a reactivación non se produciou ata a epoca de Isabel II no 1850.

jueves, 15 de marzo de 2012

Ilustracíon galega I

Cando falámos dos séculos escuros o primeiro que se nos ven á cabeza é pensar en que Galicia estaba apartada do resto do país, tanto institucionalmente como lingüisticamente, isto en parte é certo xa que os monarcas casteláns promovian a unidade do país e restrinxian as linguas que non foran o español pero realmente Galicia, a pesar de estar anclada no antigo réxime tivo un gran protagonismo, e ademais aquí en contra do que pense a xente pasaron cousas. Si que é certo que a imaxe de Galicia era mala, corroborano citas como esta de Xosé Cornide Saavedra:
 -No hay provincias en España que no tengan sus fábricas de algún género de paños; solo Galicia se ha contentado con las chapuceras fábricas de buriel tosquísimo (...). Los que ya hicieron callos en esta máxima diabólica (...) son los que más se han de oponer a todo cuanto de bueno y útil se propone en favor de Galicia, porque quieren que Galicia sea país de Indias.
 Quizais non era Galicia a que se opoñia a mellorar senon a incultura e ignorancia a  que os homes destas terras estaban condenados polos mesmos (nalguns casos) que agora querian melloralos. Un pobo que vive do campo e do seu traballo nel non se podia permitir que unha fábrica estropeara os seus cultivos (Marques de Sargadelos) e ademais cunha influencia en moitos casos da Igrexia e de xentes que seguian por conveniencia ancladas no Antigo Réxime e intentando mantelo na zona menos avanzada de España.
Pese a que a Igrexia sempre foi unha organización mafiosa que apostou polo retraso e polo conservadurismo mantendo fosen cales fosen as condicions de vida o seu estatus, deronse casos de curas revoluvionarios que procuraron o melloramento das condicions de vida da xente, hai que pensar tamen que a revolución dase das xentes que poden pensar e que comen todos os días, mentres que o pobo que traballa día e noite non ten tempo para iso porque está demasiado ocupado sobrevivindo. Os casos destes curas son moi representativos en Galicia co gran Martín Sarmiento ou o Padre Feixoo.
O Padre Feixoo, nado nunha familia fidalga, entrou na orde dos benedictinos e renunciou aos seus morgados, despois gañou  a catedra de teoloxía na Universidade de Oviedo. Comezou a escribir os chamados por él "discursos" , poderian ser ensaios se tivera libertade absoluta ao escribir, Feixoo era un home culto para a sua época pero tampouco era un xenio e ademais tiña algunhas creencias supersticiosas impropias dun sabio, é paradóxico que loitase contra a superstición popular cando el mismo cria en cousas pouco verosímiles. Pareceume realmente impactante que el mesmo se recoñecese como: "Un cidadán libre da república das letras"
, pareceme raro que a Santa Inquisición non o matara por cousas como esta...
De todas formas o Padre Feixoo era estremadamente católico (como era de esperar) e sometía todos os seus textos a un estricto control do dogma católico.
Un retrato de Feixoo

miércoles, 7 de marzo de 2012

Camiñando a Santiago...

O auxe de Galicia na Idade Media tivo moitísimo que ver co camiño de Santiago, intentando ser obxectivos podese falar ben da Igrexia Católica neste tema. O descubrimento da suposta tumba do apostol, e os feitos de que Roma era unha cidade en decadencia, nin o Papa se atopaba en Roma senon en Aviñón, e a outra cidade esencialmente católica sería Xerusalen e se atopaba en mans do musulmans, polo tanto aos cristians lles quedaba Compostela. A continuación unha breve historia do camiño.

viernes, 2 de marzo de 2012

Caida de Galicia

Imos falar dos factores que participaron na caida de Galicia, na caida de Galicia no ambito cultural, lingüistico e político.
A primeira medida foi eliminar a nobreza autóctona galega en favor dunha nobleza imposta dende Castela, o feito e figura máis relevante deste fenómeno foi sen duda o Mariscal Pardo de Cela ao que se axusticiou na praza da catedral de Mondoñedo por mor do seu apoio a Xoana a Beltranexa na guerra civil que esta mantiña con a que seria máis tarde Isabel a Católica, a historia foi máis longa que isto. Despois de vencer a guerra civil Isabel, o mariscal opuxose as medidas centralizadoras dos reis Católicos, o mariscal ao verse fora do seu castelo da Frouxeira pola traizón de 23 criados agóchase na casa de Fonsa Yañez (Actual Alfoz,Lugo) donde é detido e conducido á praza de Mondoñedo, onde foi decapitado. A lenda cóntanos que cando a súa muller chegaba co indulto dos reis de Castela, foi parada na que agora chamamos ponte do Pasatempo, ali foi detida polos homes do obispo, inimigo confeso do mariscal, esto provocou que non se chegase a tempo co perdon real.
Esta é a historia bonita e utópica pero eu penso que a realidade é outra, non se pode considerar ao mariscal como un exemplo de galeguismo porque todo o que fai este home o fai en interes propio e sen máis busca de beneficio que o seu propio , se os criados se revelaron contra él seguramente nas lendas se olvidan de dicir que era un señor feudal , un resquicio de tempos pasados que se basaba na explotación dos galegos, ¿Acaso abusar dos galegos é ser galeguista? Baixo o meu punto de vista non, este home basou a súa resistencia nun intento desesperado de manter o seu patrimonio e poder.
Aquí Carlos Barros fala sobre Pardo de Cela e das suas tres imaxes, hai problemas de sonido.
Non ve a Pardo de Cela como o peor dos nobres claro, eu tampouco pero non deixa de ser un máis de eles.


martes, 14 de febrero de 2012

Irmandiños

Buscando cousas sobre a historia de Galicia en youtube atopei este documental curto sobre os Irmandiños, pese a ser pequeno é realmente útil e retrata moi ben o acontecido durante as revoltas.
Non conseguín subir o propio video asique so poderei poñer o enlace: Irmandiños

Galicia en mapas

Bueno amigos vouvos deixar un clip no que podemos ver como se nomea a Galicia en numerosos mapas de forma independiente e para que podamos valorar todo o que nesta época foi Galicia

lunes, 30 de enero de 2012

Loitando polo poder I

Loitando polo poder van a ser unha serie de capitulos nos que irei narrando o gran drama de toda sociedade perp na Idade Media e en Galicia, a loita de clases.
 Durante o século XII tiveron lugar as primeiras revoltas urbanas nas zonas compostelás. Producironse nos anos 1116 e 1136, en diversos enclaves da ruta de peregrinación a Santiago, hai que destacar que foi na época do pontificado de Diego Xelmirez, estas revoltas son claros antecedentes do que máis adiante seria a sublevación contra o arcebispo Berenguel de Landoira, e despois tamen as famosas guerras irmandiñas. 
Na seleccion de recordos da raiña doña Urraca destacaba como capítulo desagradable un día de veran do ano 1117 en Compostela. Estando a cidade sublevada contra o seu bispo e señor a raiña viuse implicada  con Xelmírez nos actos de violencia, ambos encerrados na torre das campas da igrexia de Santiago baixo a presión do lume e dos asaltantes naceu este relato do mestre Xiraldo:
Entón a raiña volvéndose ao bispo dixo: "Sae bispo, sae deste incendio para que tamén eu poida saír contigo. Pois a ti perdoaranche como ao seu patrón, o seu bispo e o seu señor". O bispo contestou:" Non e isto un bo consello. Pois a min e aos meus partidarios teñer por inmigos e desexan especialmente a nosa morte". Gritaban desde  fóra: "Que saia a raiña, se quere, a ela soa damos permiso para sair e facultade para vivir, os demais que perezan a ferro e lume". Ao escoitar isto, como dentro o lume xa se avivaba e tamén o bispo lle instaba a irse, tras recibir garantia dos asaltantes de seguridade a raiña saiu da torre. Cando a turba viu sair lanzaronse sobre ela, collerona e botárona na terra, nunha lameira, raptárona coma lobos e desgarraron os seus vestidos; co corpo espido dende o peito ata abaixo, quedou na terra tirada e espida moito tempo vergonzosamente. Tamén moitos quixeron lapidala e entreeles unha vella compostelá feriuna gravemente cunha pedra na meixela.
Evidentemente os cronistas da Idade Media eran algo esaxerados pero parte de esta historia e real.
Dona Urraca I

Aquí deixo parte da historia da protagonita do relato, a raiña Dona Urraca













Maña seguimos coa historia  da loita de clases.


lunes, 9 de enero de 2012

Economía sueva

O estudo da economía de calquera pobo é un tema complexo e máis neste caso do mundo suevo, do cal coñecemos poucos datos, xa que as fontes escritas son moi moderadas en relación con este aspecto e as arqueolóxicas, de momento, están á espera de novas escavacións, de xeito que tampouco nos achegan datos significativos.
Suponse que a base económica segue sendo a agropecuaria e incluso pastoril, que sería unha continuación dos sistemas agrícolas galaicorromanos. Sabemos que nas tarefas agrícolas utilizaban o arado, como se desprende do comentarionde Paulo Orosio de que os suevos cambian a "espada polo arado", que aínda que é un comentario alusivo á planificación do mundo suévico, venis qye este ubstrumental agrícola era utilizando nesa época.
Posiblemente este traballo da terra que parece neste período acada grande importancia puido aumentar a situación de servidume e colonato coas conseguintes connotacións sociais, ata o punto de que algún autor chegou a falar dunha especie de "feudalismo".
Tamén se complementarian con actividades cinexéticas e pesqueiras e incluso hai autores que falan de economía con actividades depredaroras e de botín. O comercio que tanto auxe tivo no seculo IV vese estancado totalmente polo abandono das vías romanas.


jueves, 5 de enero de 2012

Concilio de Braga

Para dar constancia da importancia do reino no que á relixión se refire, vou a falar do Concilio de Braga no que se intenta por fin ó priscilianismo e se fai unha lista cos feitos que se maldin, aínda que se lle chama anatema a maldicir. O concilio foi presidido e convocado polo papa Xoan III e se basou totalmente en rexeitar e intentar ensuciar a imaxe do priscilianismo. A lista so a atopei en castelan.

 Si alguno no confiesa al Padre, al Hijo y al Espíritu Santo como tres personas de una sola sustancia y virtud y potestad, como enseña la Iglesia Católica y Apostólica, sino que dice no haber más que una sola y solitaria persona, de modo que el Padre sea el mismo que el Hijo, y Él mismo sea también el Espíritu Paráclito, como dijeron Sabelio y Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno introduce fuera de la santa Trinidad no sabemos qué otros nombres de la divinidad, diciendo que en la misma divinidad hay una trinidad de la Trinidad, como dijeron los gnósticos y Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno dice que el Hijo de Dios nuestro Señor, no existió antes de nacer de la Virgen, como dijeron Pablo de Samosata, Fotino y Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno no honra verdaderamente el nacimiento de Cristo según la carne, sino que simula honrarlo, ayunando en el mismo día y en domingo, porque no cree que Cristo naciera en la naturaleza de hombre, como Cerdón, Marción, Maniqueo y Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno cree que las almas humanas o los ángeles tienen su existencia de la sustancia de Dios, como dijeron Maniqueo y Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno dice que las almas humanas pecaron primero en la morada celestial y por esto fueron echadas a los cuerpos humanos en la tierra, sea anatema.

    Si alguno dice que el diablo no fue primero un ángel bueno hecho por Dios, y que su naturaleza no fue obra de Dios, sino que dice que emergió de las tinieblas y que no tiene autor alguno de si, sino que él mismo es el principio y la sustancia del mal, como dijeron Maniqueo y Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno cree que el diablo ha hecho en el mundo algunas criaturas y que por su propia autoridad sigue produciendo los truenos, los rayos, las tormentas y las sequías, como dijo Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno cree que las almas humanas están ligadas a un signo fatal, como dijeron los paganos y Prisciliano, sea anatema.

    Si algunos creen que los doce signos o astros que los astrólogos suelen observar, están distribuídos por cada uno de los miembros del alma o del cuerpo y dicen que están adscritos a los nombres de los patriarcas, como dijo Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno condena las uniones matrimoniales humanas y se horroriza de la procreación de los que nacen, conforme hablaron Maniqueo y Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno dice que la plasmación del cuerpo humano es un invento del diablo y que las concepciones en el seno de las madres toman figura por obra del diablo, por lo que tampoco cree en la resurrección de la carne, como dijeron Maniqueo y Prisciliano, sea anatema.
 

 Si alguno dice que la creación de la carne toda no es obra de Dios, sino de los ángeles malignos, como dijo Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno tiene por inmundas las comidas de carnes que Dios dio para uso de los hombres, y se abstiene de ellas, no por motivo de mortificar su cuerpo, sino por considerarlas una impureza, de suerte que no guste ni aun verduras cocidas con carne, conforme hablaron Maniqueo y Prisciliano, sea anatema.

    Si alguno lee las Escrituras que Prisciliano depravó según su error, o los tratados de Dictinio, que éste escribió antes de convertirse, o cualquiera escrito de los herejes, que éstos inventaron bajo los nombres de los patriarcas, de los profetas o de los apóstoles de acuerdo con su error, y sigue y defiende sus ficciones, sea anatema



                                                        Papa Xoan III

martes, 3 de enero de 2012

Mundo Cultural

Cando temos que falar de calquera cultura non podemos pasar por alto un concepto tan amplo e importante como a cultura.
No mundo suevo a pesares de existir moi pouco material sabese que existia unha gran cultura de devocion á relixión que acaparaba moitisimo poder como case sempre...Mandaronse construir unha gran cantidade de igrexias que agora se recoñecen como visigodas pero moitas fontes demostran que non é asi.
A igrexia de Santa Comba de Bande por exemplo podese catalogar como sueva ou visigoda porque se descoñece o ano exacto de construcción e tanto a cultura sueva como a visigoda tiñan uns rasgos artisticos moi parecidos.



Ésta é a igrexia de Santa Comba de Bande actualmente non é como naquela época na que foi un mosteiro diminuto con duas salas máis das que ten agora para acoller os peregriños. Encontrase no municipio de Bande en Ourense e na zoa proxima ó río Limia, en 1921 declarause Monumento Nacional.




Outro dos monasterios sobre os que se ten desconcerto da sua orixe é o de San Pedro de Rocas que se atopa na Ribeira Sacra , dise que foi fundado no 573 na época do rei Miro, fixose a 650 metros de altitude e retirado da vida urbana para poder levar unha vida contemplativa, fundado por cinco monxes que segundo a lapida atopada alí se chamaban  Ufrasio, Eusanio, Quinedio, Eatio, Flavio e Ruve. Sospeitase que no mesmo emplazamento xa había un enclave relixioso anterior.  
 http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/OURENSE/ESGOS/San%20Pedro%20de%20Rocas.html



Na literatura destaca San Martiño de Dumio que publicou obras como " De correctione rusticorum" que trata sobre a vida dos suevos e anima aos bispos a achegar a vida relixiosa ó pobo e ademais condena a superstición. Outras das suas obras son: "Sententiae Patrum Aegipteorum", "Formula Vitae Honestae", etc.