domingo, 27 de noviembre de 2011

Comodidades romanas

Cada vez que falamos dunha nova civilización o primeiro que se me ven á cabeza é comparala coa situacion actual, pois ben neste caso sigo pensando que casi era mellor vivir daquela que agora, hay que pensar tamen nuncha sociedade moi ben organizada cunha variedade impresionante de servicios para a xente, e ademais extremadamente práctica xa que hai que darse conta de que todas as cidades tiñan o seu alcantarillado, traian auga dende onde houbera que collela cos acueductos, tiñan algo parecido os bombeiros e a policia actual, as ruas estaban pavimentadas, e dicir unha cidade con case todas as comodidades que no seu tempo era increiblemente avanzada, da a impresion de que os antigos eran barbaros e salvaxes pero estudiandoos de verdade e non dende un punto de vista ignorante e distante como a maioria da xente o fai non se dan conta de que fai 2000 anos aquí xa existia todo iso que parece tan moderno, as termas que hoxe non as hai esta claro que foi unha perda enorme, pensade nunha zoa con piscinas, xardins, bibliotecas... etc. un paraiso para relaxarse, ou o feito de que xa existiran baños publicos, construiron pontes que todavia pisamos , fixeron camiños polos que todavia se fan peregrinacións, se hai algo bo nesta sociedade foi herdado da romana. Este é o punto de vista da utilidade e funcionalidade das persoas, maña intentaremos falar da mentalidade das persoas.
A imaxe arriba mostrada é a que demostra o avanzado da cultura a de abaixo todolos sitios que a adoptaron:

martes, 8 de noviembre de 2011

O non progreso

Na busca de datos sobre a sociedade e a forma de vida dos castrexos atopei unha sorpresa, eu esperaba atopar unha forma de vida colectivista e igualitaria e atopei unha sociedade que xa estaba corrompida pola diferencia de clases, pese a que xa existe este fenomeno todavia non está no seu apoxeo e polo tanto e mellor que o actual, vou explicar a grandes rasgos os principais grupos de persoas da época:
Un rei ou xefe elixido en asamblea entre os nobres, unha corte formada polas persoas de alta alcurnia militar e de familias ricas, existia tamén un estamento de curandeiros e lideres espirituais, outro para os ferreiros e conocedores dos metais que naquela época eran de grandisima importancia e polo tanto esta xente tiña un alto recoñecemento, despois estaban os productores que se adicaban a obtención dos alimentos e das materias primas para a vida, e por último eslabón os escravos.
Algo interesante é que as mulleres poseian a propiedade das terras e dos bens materiais adxuntos a elas e eran os homes os encargados de defender as terras que posuían, para un home morrer loitando era o máis importante, este habito repitese moito ao longo da historia.
Pese a que os castrexos non eran moi bélicos para min foi unha decepción que os homes lle deran tanta importancia á guerra e que xa existise a diferencia de clases que non é tan distinta a que se produceu máis tarde.
Rei-Nobreza-Curandeiros-Ferreiros-Productores-Escravos
Rei-Nobreza-Clero-Burguesía-Traballadores
Aínda que hai diferencias xa se aproxima.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

¿Valeu a pena?

Tras unha longa deliberación pensando en se realmente o mundo avanzara tanto como parece ou realmente é un retroceso, a pesares de pensalo moito non cheguei a unha idea clara porque se pensamos ben, analizando pros e contras a sociedad castrexa case é mellor polos seguintes datos:
Na sociedade castrexa non existian guerras nin superioridades duns individuos a outros e ademais a xente non vivia estresada nin existian os problemas económicos actuais polo simple feito de que os castrexos se autoabastecian, non tiñan hospitais pero tampouco existian tantas enfermedades coma hoxe nin a comunicación pero como xa dixen non o necesitaban, baseabanse na agricultura que é o único que pode facer que a vida sexa máis dificil polas malas colleitas que se puideran producir. Pese a ésto seguia existindo a ganderia e a pesca que serian os seus metodos de subsistencia si fallase a agricultura.
Para rematar esta claro que hay que aclarar que non existe a sociedade perfecta pero esta é a que máis se acerca porque poder vivir do que un produce é o máis natural que existe.
 Aínda que parezca que este estado é cada vez máis habitual esto non deberia ser o normal e en cambio e a onde imos parar.
 O estado máis natural, máis libre e máis feliz reside no pasado.

martes, 1 de noviembre de 2011

Cabazas e pantasmas...

Con motivo da celebracion do Samaín galego decidin facer esta entrada sobre a antiga tradición de orixe celta que hoxe recuperamos e esta volvendo a arraigarse na nosa cultura.
Nesta noite os antigos castrexos empezaban o ano e ademais acercaban o mundo dos vivos ó dos morto, se lles rendia homenaxe e se honraban a suas mortes. Durante ese dia facianse multitude de eventos e actividades como a union entre os deuses Dagda e Morrigam basada nunha vella lenda sobre unha guerra, debido a que Dagda era un deus da fecundidade e sexualidade a festa tomaba un carácter agricola.
Ao ser o dia no que cambia o ano non pertence a ningun periodo de tempo e os deuses podia intervir na vida do home, era un tempo sen guerras e na que se celebraba o comezo da época escura, quizais de ahí derive o topico de relacionar os mortos e o fantasmagórico coa escuridade.
En honor dos mortos e dos deuses en especial das colleitas e da fecundidade celebrabanse varios dias de banquetes nos que as comidas máis comuns eran as mazas e os derivados das colleitas en honor a o deus de esta. Facianse fogueiras e os hosos dos animais sacrificados tirabanse a elas.
A pesares de que a estancia dos celtas en Galicia foi efímera deixaronnos boa parte da sua cultura que hoxe se converteu en tradición.
Pese a costume actual de comer castañas nesta época do ano este e un añadido posterior xa que o castiñeiro non chegou a Galicia ata a era romana.