martes, 1 de noviembre de 2011

Cabazas e pantasmas...

Con motivo da celebracion do Samaín galego decidin facer esta entrada sobre a antiga tradición de orixe celta que hoxe recuperamos e esta volvendo a arraigarse na nosa cultura.
Nesta noite os antigos castrexos empezaban o ano e ademais acercaban o mundo dos vivos ó dos morto, se lles rendia homenaxe e se honraban a suas mortes. Durante ese dia facianse multitude de eventos e actividades como a union entre os deuses Dagda e Morrigam basada nunha vella lenda sobre unha guerra, debido a que Dagda era un deus da fecundidade e sexualidade a festa tomaba un carácter agricola.
Ao ser o dia no que cambia o ano non pertence a ningun periodo de tempo e os deuses podia intervir na vida do home, era un tempo sen guerras e na que se celebraba o comezo da época escura, quizais de ahí derive o topico de relacionar os mortos e o fantasmagórico coa escuridade.
En honor dos mortos e dos deuses en especial das colleitas e da fecundidade celebrabanse varios dias de banquetes nos que as comidas máis comuns eran as mazas e os derivados das colleitas en honor a o deus de esta. Facianse fogueiras e os hosos dos animais sacrificados tirabanse a elas.
A pesares de que a estancia dos celtas en Galicia foi efímera deixaronnos boa parte da sua cultura que hoxe se converteu en tradición.
Pese a costume actual de comer castañas nesta época do ano este e un añadido posterior xa que o castiñeiro non chegou a Galicia ata a era romana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario