martes, 8 de noviembre de 2011

O non progreso

Na busca de datos sobre a sociedade e a forma de vida dos castrexos atopei unha sorpresa, eu esperaba atopar unha forma de vida colectivista e igualitaria e atopei unha sociedade que xa estaba corrompida pola diferencia de clases, pese a que xa existe este fenomeno todavia non está no seu apoxeo e polo tanto e mellor que o actual, vou explicar a grandes rasgos os principais grupos de persoas da época:
Un rei ou xefe elixido en asamblea entre os nobres, unha corte formada polas persoas de alta alcurnia militar e de familias ricas, existia tamén un estamento de curandeiros e lideres espirituais, outro para os ferreiros e conocedores dos metais que naquela época eran de grandisima importancia e polo tanto esta xente tiña un alto recoñecemento, despois estaban os productores que se adicaban a obtención dos alimentos e das materias primas para a vida, e por último eslabón os escravos.
Algo interesante é que as mulleres poseian a propiedade das terras e dos bens materiais adxuntos a elas e eran os homes os encargados de defender as terras que posuían, para un home morrer loitando era o máis importante, este habito repitese moito ao longo da historia.
Pese a que os castrexos non eran moi bélicos para min foi unha decepción que os homes lle deran tanta importancia á guerra e que xa existise a diferencia de clases que non é tan distinta a que se produceu máis tarde.
Rei-Nobreza-Curandeiros-Ferreiros-Productores-Escravos
Rei-Nobreza-Clero-Burguesía-Traballadores
Aínda que hai diferencias xa se aproxima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario