lunes, 9 de enero de 2012

Economía sueva

O estudo da economía de calquera pobo é un tema complexo e máis neste caso do mundo suevo, do cal coñecemos poucos datos, xa que as fontes escritas son moi moderadas en relación con este aspecto e as arqueolóxicas, de momento, están á espera de novas escavacións, de xeito que tampouco nos achegan datos significativos.
Suponse que a base económica segue sendo a agropecuaria e incluso pastoril, que sería unha continuación dos sistemas agrícolas galaicorromanos. Sabemos que nas tarefas agrícolas utilizaban o arado, como se desprende do comentarionde Paulo Orosio de que os suevos cambian a "espada polo arado", que aínda que é un comentario alusivo á planificación do mundo suévico, venis qye este ubstrumental agrícola era utilizando nesa época.
Posiblemente este traballo da terra que parece neste período acada grande importancia puido aumentar a situación de servidume e colonato coas conseguintes connotacións sociais, ata o punto de que algún autor chegou a falar dunha especie de "feudalismo".
Tamén se complementarian con actividades cinexéticas e pesqueiras e incluso hai autores que falan de economía con actividades depredaroras e de botín. O comercio que tanto auxe tivo no seculo IV vese estancado totalmente polo abandono das vías romanas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario