lunes, 30 de enero de 2012

Loitando polo poder I

Loitando polo poder van a ser unha serie de capitulos nos que irei narrando o gran drama de toda sociedade perp na Idade Media e en Galicia, a loita de clases.
 Durante o século XII tiveron lugar as primeiras revoltas urbanas nas zonas compostelás. Producironse nos anos 1116 e 1136, en diversos enclaves da ruta de peregrinación a Santiago, hai que destacar que foi na época do pontificado de Diego Xelmirez, estas revoltas son claros antecedentes do que máis adiante seria a sublevación contra o arcebispo Berenguel de Landoira, e despois tamen as famosas guerras irmandiñas. 
Na seleccion de recordos da raiña doña Urraca destacaba como capítulo desagradable un día de veran do ano 1117 en Compostela. Estando a cidade sublevada contra o seu bispo e señor a raiña viuse implicada  con Xelmírez nos actos de violencia, ambos encerrados na torre das campas da igrexia de Santiago baixo a presión do lume e dos asaltantes naceu este relato do mestre Xiraldo:
Entón a raiña volvéndose ao bispo dixo: "Sae bispo, sae deste incendio para que tamén eu poida saír contigo. Pois a ti perdoaranche como ao seu patrón, o seu bispo e o seu señor". O bispo contestou:" Non e isto un bo consello. Pois a min e aos meus partidarios teñer por inmigos e desexan especialmente a nosa morte". Gritaban desde  fóra: "Que saia a raiña, se quere, a ela soa damos permiso para sair e facultade para vivir, os demais que perezan a ferro e lume". Ao escoitar isto, como dentro o lume xa se avivaba e tamén o bispo lle instaba a irse, tras recibir garantia dos asaltantes de seguridade a raiña saiu da torre. Cando a turba viu sair lanzaronse sobre ela, collerona e botárona na terra, nunha lameira, raptárona coma lobos e desgarraron os seus vestidos; co corpo espido dende o peito ata abaixo, quedou na terra tirada e espida moito tempo vergonzosamente. Tamén moitos quixeron lapidala e entreeles unha vella compostelá feriuna gravemente cunha pedra na meixela.
Evidentemente os cronistas da Idade Media eran algo esaxerados pero parte de esta historia e real.
Dona Urraca I

Aquí deixo parte da historia da protagonita do relato, a raiña Dona Urraca













Maña seguimos coa historia  da loita de clases.


No hay comentarios:

Publicar un comentario