domingo, 22 de abril de 2012

Desmantelamento do absolutismo en Galicia

As prolongadas crises na saúde do rei obrigaron a raiña a ter unha presenza moi activa na vida política, poderiamos decir que a raiña mais ben se rodeu de reformistas.
Os liberais mais perspicaces entenderon que era necesarioo apoiar a raiña ampliando a fenda xa aberta dentro do absolutismo. Iso propiciou a amnistia que Maria Cristina concedeu aos exiliados do exterior e interior por decreto do 16 de outubro de 1832.
A amnistia colleunos a todos por sorpresa. Abondou co decreto para que desapareceran as conspiracions exteriores e os proxectos que habia de pronunciamentos e alzamentos. Era preciso avanzar e Maria Cristina, relaticamente ben aconsellada, depurou o exercito, especialmente cesando e substituindo os capitans xerais: cesa o donde de España (Cataluña), que foi subsituido por Llauder, cesa a Eguia (Galicia), subsitituído polo Conde de Cartaxena, Pablo Morillo; en Estremadura, Vives remprazou a José San Juan etc.
Antes, por conseguinte, de morrer Fernando VII, María Cristina e o grupo dos seus conselleiros desmantelaron o carlismo nos despachos. Cumpría agora desmantelalo na sociedade.

Tras a fracasada rexencia de Maria Cristina toma o poder o gran vencedor da guerra carlista, o xenaral Espartero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario