domingo, 18 de marzo de 2012

Progreso dos astilleiros ferronlans

Os históricos astilleiros de Ferrol construironse xunto cos de Cartaxena e San Fernando arredor do 1730, e estaban destinados a reparar e construir buques da armada. Construironse en tales emplazamentos pola reorganización dos Borbóns da mariña de guerra. A política naval de Felipe V ainda estaba destinada ao Mediterraneo e volcada a aumentar as posesións en Italia. Nun principio a maior parte de buques construianse no Cantabrico ( Pasaxes e Santander) e na Habana, a partir de 1746 o Marques da Ensenada deciciu construir unha flota que puidera competir coa inglesa e a sua construcción estivo especialmente destinada a  Ferrol.
A maior época de producción do astilleiro foi con Carlos III pero foron navios pequenos e sen gran importancia, a verdadeira idade de ouro dos astilleiros foi co Marques da Ensenada que se construiron barcos dunha grandísima envergadura. Tras a derrota de Trafalgar pasou o mesmo que agora, a producción se paralizou, o paro, a miseria e a despoboación inundaron Ferrol, a reactivación non se produciou ata a epoca de Isabel II no 1850.

No hay comentarios:

Publicar un comentario