viernes, 2 de marzo de 2012

Caida de Galicia

Imos falar dos factores que participaron na caida de Galicia, na caida de Galicia no ambito cultural, lingüistico e político.
A primeira medida foi eliminar a nobreza autóctona galega en favor dunha nobleza imposta dende Castela, o feito e figura máis relevante deste fenómeno foi sen duda o Mariscal Pardo de Cela ao que se axusticiou na praza da catedral de Mondoñedo por mor do seu apoio a Xoana a Beltranexa na guerra civil que esta mantiña con a que seria máis tarde Isabel a Católica, a historia foi máis longa que isto. Despois de vencer a guerra civil Isabel, o mariscal opuxose as medidas centralizadoras dos reis Católicos, o mariscal ao verse fora do seu castelo da Frouxeira pola traizón de 23 criados agóchase na casa de Fonsa Yañez (Actual Alfoz,Lugo) donde é detido e conducido á praza de Mondoñedo, onde foi decapitado. A lenda cóntanos que cando a súa muller chegaba co indulto dos reis de Castela, foi parada na que agora chamamos ponte do Pasatempo, ali foi detida polos homes do obispo, inimigo confeso do mariscal, esto provocou que non se chegase a tempo co perdon real.
Esta é a historia bonita e utópica pero eu penso que a realidade é outra, non se pode considerar ao mariscal como un exemplo de galeguismo porque todo o que fai este home o fai en interes propio e sen máis busca de beneficio que o seu propio , se os criados se revelaron contra él seguramente nas lendas se olvidan de dicir que era un señor feudal , un resquicio de tempos pasados que se basaba na explotación dos galegos, ¿Acaso abusar dos galegos é ser galeguista? Baixo o meu punto de vista non, este home basou a súa resistencia nun intento desesperado de manter o seu patrimonio e poder.
Aquí Carlos Barros fala sobre Pardo de Cela e das suas tres imaxes, hai problemas de sonido.
Non ve a Pardo de Cela como o peor dos nobres claro, eu tampouco pero non deixa de ser un máis de eles.


No hay comentarios:

Publicar un comentario