jueves, 15 de marzo de 2012

Ilustracíon galega I

Cando falámos dos séculos escuros o primeiro que se nos ven á cabeza é pensar en que Galicia estaba apartada do resto do país, tanto institucionalmente como lingüisticamente, isto en parte é certo xa que os monarcas casteláns promovian a unidade do país e restrinxian as linguas que non foran o español pero realmente Galicia, a pesar de estar anclada no antigo réxime tivo un gran protagonismo, e ademais aquí en contra do que pense a xente pasaron cousas. Si que é certo que a imaxe de Galicia era mala, corroborano citas como esta de Xosé Cornide Saavedra:
 -No hay provincias en España que no tengan sus fábricas de algún género de paños; solo Galicia se ha contentado con las chapuceras fábricas de buriel tosquísimo (...). Los que ya hicieron callos en esta máxima diabólica (...) son los que más se han de oponer a todo cuanto de bueno y útil se propone en favor de Galicia, porque quieren que Galicia sea país de Indias.
 Quizais non era Galicia a que se opoñia a mellorar senon a incultura e ignorancia a  que os homes destas terras estaban condenados polos mesmos (nalguns casos) que agora querian melloralos. Un pobo que vive do campo e do seu traballo nel non se podia permitir que unha fábrica estropeara os seus cultivos (Marques de Sargadelos) e ademais cunha influencia en moitos casos da Igrexia e de xentes que seguian por conveniencia ancladas no Antigo Réxime e intentando mantelo na zona menos avanzada de España.
Pese a que a Igrexia sempre foi unha organización mafiosa que apostou polo retraso e polo conservadurismo mantendo fosen cales fosen as condicions de vida o seu estatus, deronse casos de curas revoluvionarios que procuraron o melloramento das condicions de vida da xente, hai que pensar tamen que a revolución dase das xentes que poden pensar e que comen todos os días, mentres que o pobo que traballa día e noite non ten tempo para iso porque está demasiado ocupado sobrevivindo. Os casos destes curas son moi representativos en Galicia co gran Martín Sarmiento ou o Padre Feixoo.
O Padre Feixoo, nado nunha familia fidalga, entrou na orde dos benedictinos e renunciou aos seus morgados, despois gañou  a catedra de teoloxía na Universidade de Oviedo. Comezou a escribir os chamados por él "discursos" , poderian ser ensaios se tivera libertade absoluta ao escribir, Feixoo era un home culto para a sua época pero tampouco era un xenio e ademais tiña algunhas creencias supersticiosas impropias dun sabio, é paradóxico que loitase contra a superstición popular cando el mismo cria en cousas pouco verosímiles. Pareceume realmente impactante que el mesmo se recoñecese como: "Un cidadán libre da república das letras"
, pareceme raro que a Santa Inquisición non o matara por cousas como esta...
De todas formas o Padre Feixoo era estremadamente católico (como era de esperar) e sometía todos os seus textos a un estricto control do dogma católico.
Un retrato de Feixoo

No hay comentarios:

Publicar un comentario